Sunday 19 de May de 2024

Cariño organiza un curso de autodefensa para mulleres #ante situacións violentas


• O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 10 novembro e a actividade está dirixida a mulleres a partir de 16 anos.

• levará a cabo o sábado 12 de novembro no patio do colexio de Cariño, de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas.

O Concello de Cariño organiza un curso gratuíto de autodefensa para mulleres #ante situacións violentas. Esta actividade, que levará a cabo o sábado 12 de novembro no pato do colexio de Cariño de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas, está dirixida a mulleres a partir de 16 anos (para menores será necesaria a autorización dos pais).

O prazo de inscrición xa está aberto e as mulleres interesadas poden anotarse ata o xoves 10 de novembro no Rexistro do Concello, en horario de 9 a 14 horas. Esta iniciativa está financiada pola Direción Xeral de Igualdade e será impartida por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.